LINGUA E LITERATURA

Lingua e Literatura pode ser ler, escribir, falar, ilustrar, expresar... pero, en definitiva, EMOCIONAR!!!

domingo, 16 de marzo de 2014

VIDEOPOEMA

Este é un poema de Rosalía de Castro: "Negra Sombra" que os alumnos de 5º de primaria cantan seguindo a canción interpretada por Luz Casal.

Con motivo do 177 aniversario do nacemento de Rosalía, hai vai a nosa pequena homenaxe á poetisa de Padrón:



martes, 4 de marzo de 2014

OS TÓPICOS LITERARIOS

Aquí vos deixo unha pequena presentación sobre tres importantes tópicos literarios.

DISFRUTÁDEA!!!



PROXECTOR+PANTALLA+ORDENADOR = TIC???

Observamos con atención a seguinte imaxe:



imaxe sacada da páxina http://sabia.tic.udc.es/



Esta imaxe fai tan só 5 anos era o soño de moitos docentes.


Posiblemente moitos docentes, e non docentes,  pensen que o proceso de incorporación das TIC ás aulas consiste en contar con estes tres "cacharros tecnolóxicos" tal como os define Jordi Adell.

Aínda que son importantes recursos nun aula, proxector+pantalla+ordenador non son igual a Competencia dixital.

Se ben é verdade, que ás veces, non contamos cos medios máis idóneos para poder traballar, isto non pode servir de excusa para non facelo. Todos temos as nosas dúbidas  sobre certos aspectos pero esas mesmas reservas as tiñan os nosos avós coa TV, co lavalouzas ou co robot de cociña, e unha vez probados, ninguén quere prescindir deles.

Este breve vídeo ilústrao de xeito moi esquemático



A Competencia dixital do noso alumnado é un proceso longo que conta con moitos aspectos moi complexos:
O proceso de manexo de aparellos que a moitos de nós nos custou un pouco adquirir, ao noso alumnado élle moi doado, xa que son nativos tecnolóxicos. Sen embargo, hai outros aspectos da competencia dixital como son a valoración, a "inxenuidade tecnolóxica" (como a denomino eu) ou o xuízo crítico que aos nosos alumnos lles resultan un pouco máis descoñecidos.

Estes recunchos que forman parte desta competencia son moi importantes para poder traballar de xeito seguro. Dende o meu punto de vista non é suficiente con dar unha charla sobre estes riscos senón que hai que traballalos en cada un dos momentos do proceso educativo, creando situacións ou traballos onde se vexa claramente cales son as actitudes correctas ante a información recibida e a información creada por eles mesmos.





domingo, 23 de febrero de 2014

INICIO

A Lareira dos escritores








ESTE ESPAZO XURDE COMO UNHA DAS TAREFAS PROPOSTAS NUN CURSO DE FORMACIÓN. O OBXECTIVO É CREARES UN RECUNCHO ONDE DINAMIZAR AS CLASES DE LINGUA E LITERATURA E PARA CONSEGUILO IMOS  COMEZAR TRABALLANDO CON ESTE RECURSO QUE NOS OFRECEN AS TICS: O BLOG.